Bahá'u'lláh O bicentenario do Seu nacemento


Durante o ano 2017 o mundo enteiro conmemora o 200 aniversario do Nacemento de Bahá’u’lláh, que é considerado por millóns de persoas de case tódalas procedencias relixiosas, culturais e étnicas como o precursor dunha nova era na que as tiranías e inxustizas do pasado serán envorcadas por un mundo de paz, xustiza e unidade entre as nacións, como resultas do esforzo concertado da humanidade.

Tehrán (Persia) ciudad de nacimiento de Bahá'u'lláh en 1817
Teherán (Persia) - cidade onde Bahá’u’lláh naceu no 1817

Nado en Persia o 12 de novembro de 1817 no seo dunha familia nobre, o Fundador da Fe bahá’í, Bahá’u’lláh -cuxo nome significa Gloria de Deus-, destacou pola súa sabedoría e bondade dende a infancia. Xa de mozo, en troques de aceptar a carreira ministerial que lle ofrecían, escolleu dedicarse a obras benéficas, chegando a ser coñecido como “Pai dos pobres”.

Nembargante, non foi deica o ano 1852, á idade de 35 anos, estando encadeado en Teherán pola súa adhesión ó movemento bábí precursor da Fe bahá’í, cando recibiu a chamada de Deus pra converterse no portador dunha nova Revelación Divina que cumpriría as promesas do retorno feitas polas relixións devanceiras e que traería os recursos espirituais necesarios para reorganizar a sociedade e unificar a tódolos pobos do mundo.

O Bicentenario del Báb (1819 – 2019)

O Bicentenario del Báb <small>(1819 – 2019)</small>

Luz para o mundo Un filme sobre Bahá'u'lláh

A Guía Divina ó longo da historia

Ornamento junto al Santuario de Bahá'u'lláh en Bahjí (Israel)
Bahjí (Israel) - Ornamento xunto ó Santuario

O traveso da historia, as grandes relixións teñen proporcionado a principal forza motora da civilización do carácter humano; impulsan ós seus seareiros á auto disciplina, devoción e heroísmo. A nivel social, moitos dos principios morais da relixión foron traducidos a códigos universais de leis que regulan e erguen as relacións humanas...

Cada vez que aparece un Mensaxeiro de Deus céibase no mundo un nivel máis alto de inspiración pra seguinte etapa no espertar e avance da humanidade. Un ser humano -común en todo sentido externo- é chamado a ser portavoz de Deus. Pensamos en Moisés fronte á Silveira Ardente, en Buda que recibe iluminación debaixo da árbore de Bodhi, no Espírito Santo que abaixa sobre Xesús a xeito dunha pomba, ou no arcanxo Gabriel que se lle aparece a Muhammad.

"Nunca devecín mando terreal. Meu único propósito foi entregar ós homes o que Deus me ordenou darlles."
Bahá'u'lláh

A mediados do século XIX Deus fixo unha chamada a Bahá’u’lláh para que trouxera unha nova Revelación á humanidade. Durante catro décadas fluíron da Súa pluma miles de versos, cartas e libros. Nos Seus Escritos, esbozou o marco para o desenvolvemento dunha civilización mundial que ten en conta a dimensións espiritual e material da vida humana.

Bahá’u’lláh sufriu 40 anos de cárcere, tortura e exilio por traer a máis nova Mensaxe de Deus á humanidade. Hoxe a Súa vida e misión son cada vez máis coñecidas en todo o planeta. Millóns de persoas están a aprender como aplicar os Seus ensinos nas súas vidas e nas súas comunidades pra o mellorar do mundo.

"Os ensinos de Bahá’u’lláh...amosan agora o xeito más elevado e puro do ensino relixioso..."
Conde León Tólstoi, autor ruso

Unha mensaxe da Casa Universal de Xustiza

Mensaje de la Casa Universal de Justicia

Explora acerca de Bahá’u’lláh

Bahá’ís de España

Santuario de Bahá'u'lláh

Bahá’u’lláh deixou esta vida no amencer do 29 de maio de 1892, ós 75 anos de idade, cando aínda era, de feito, un prisioneiro confinado en Palestina. Os Seus Restos foron enterrados moi preto da Mansión de Bahjí, onde pasou os derradeiros 13 anos da Súa Vida.

O Santuario de Bahá’u’lláh converteuse xa que logo no punto de devoción dos Bahá’ís do mundo, o lugar cara o que se dirixen a cotío en oración.

O Bicentenario de Bahá’u’lláh (1817 – 2017)


En outubro de 2017 o mundo enteiro conmemora o 200 aniversario desde que esta Luminaria se erguera sobre o horizonte do mundo. Centos de miles de localidades e comunidades nas que residen seareiros de Bahá’u’lláh, escintilarán en conmemoración da Súa Aparición.

BAHÁ’ÍS NA TÚA LOCALIDADE Expresións artísticas sobre Bahá'u'lláh

Coñece ós bahá’is de España


Quen vimos sendo »

A comunidade bahá’í de España conta con membros de procedencias culturais e étnicas diversas, tanto de dentro como de fóra das súas fronteiras, diversidade que se ve reflectida na súa riqueza artística e lingüística.

Que facemos »

Os bahá’ís, xunto con outros individuos e organizacións, esfórzanse por contribuír no avance da sociedade inspirados pola visión de Bahá’u’lláh dun mundo próspero, xusto e unificado.