A vida de Bahá'u'lláh Unha nova Revelación


Bahá’u’lláh levou a cabo a Súa misión como Mensaxeiro de Deus principalmente nos derradeiros 40 anos da súa vida. Foron anos caracterizados por privacións, cárcere e exilio. A pesares delo, perante ise tempo fluiron da Súa pluma grande cantidade de versos, cartas e libros, considerados polos Seus siareiros como a nova Guía de Deus pra reconstrucción espirtual, moral, económica e políticas, que conducirá á inauguración dunha nova civilización mundial.

Nos Seus ecritos, Bahá’u’lláh responde tanto a cuestións teolóxicas e filosóficas, que preocuparon á humanidade durante séculos, como a preguntas pragmáticas que se fan os pensadores contemporáneos encol do mundo de hoxendía. Nun contexto máis amplo, os escritos de Bahá’u’lláh alumean un roteiro de posibilidades inusitadas pra raza humana, apelando á evolución tanto dos individuos como da organización social.

No cedo da Súa vida

Nacido en Teherán, Irán, o 12 de novembro do 1817, Mirzá Husayn-‘Alí disfrutou de tódalas ventaxes que confería un nacemento nobre. A pesares de posuir pouca educación formal, distinguíuse dende neno pola Súa sabedoría.

Sendo ya mozo, en vez de adicarse a unha carreira ó servizo do goberno como fixera o seu pai, Mirzá Husayn-‘Alí decidiu adica-las súas enerxías, xunto á Súa dona, ó coidado dos pobres. Despois de acepta-la relixión do Báb, a vida cambiou pra sempre pra este nobre mozo e a Súa familia.

Santuario do Báb (Haifa, Israel) – Lugar onde acougan os restos mortais do Báb.
Santuario do Báb (Haifa, Israel) - Lugar onde acougan
os restos mortais do Báb

Aínda que non se coñecían en persoa, dende o intre en que Mirzá Husayn-’Alí escoitou a mensaxe do Báb, declarou a súa crenza de todo corazón en Él e dedicou toda a Súa enerxía a promovela.

En 1848, Mirzá Husayn-’Alí patrocinou unha xuntanza importante dos seareiros do Báb, na que se afirmaba a natureza independente da nova relixión. De aí en adiante foi coñecido como Bahá’u’lláh, que significa a “Gloria de Deus” en árabe. A medida que medraba a comunidade, medraba tamén a oposición feroz que provocaba. Cando trescentos bábíes buscaron refuxio nun santuario deserto chamado Shaykh Tabarsí, Bahá’u’lláh marchou para reunirse con eles, pero a medio camiño foi arrestado e golpeado.

En 1850, o Báb foi executado públicamente. Despois da matanza das maioría dos seareiros de sona do Báb, axiña se fixo evidente que era en Bahá’u’lláh en quen os restantes bábíes debían procurar guía.

Revelación divina

No 1852, Bahá’u’lláh foi acusado falsamente de ser cómplice do atentado contra a vida de Násiri’d Din Shah, o Rei de Irán. Cando a orde de detención foi emitida na Súa contra, Él saiu na busca dos Seus acusadores, para grande asombro dos encargados de arrestalo. Levárano, descalzo e encadeado, polas rúas ateigadas, deica unha mazmorra soterrada, coñecida como o “Pozo Negro”.

Por un tempo a mazmorra fora unha reserva de auga pra o baño público. Dentro dos seus muros, os prisioneiros languidecían nesa atmósfera fría e noxenta, todos amarrados a unha cadea moi pesada que deixou pegadas no corpo de Bahá’u’lláh pra o resto da Súa vida. Foi niste entorno sombrío que ocorreu de novo un dos eventos máis excepcionais e atesourados: un mortal, en apariencia humano en todo sentido, foi elexido por Deus para levar unha nova mensaxe á humanidade.

Esta experiencia de Revelación Divina, mencionada so de xeito indirecto nos relatos que perduran encol das vida de Moisés, Xesús e Muhammad, está descrita nas propias palabras de Bahá’u’lláh: “Durante os días que pasei na prisión de Teherán, a pesar de que o mortificante peso das cadeas e a atmósfera arrepiante so Me permitian un pouco de sono, aínda naqueles escasos intres de adormecemento, sentía como si dende a coroa da Miña cabeza fluira algo sobre o meu peito, coma unha poderosa fervenza que se precipitara sobre a terra dende o cumio dunha montaña...neses intres, a Miña lingoa recitaba o que ningún home é quen de escoitar”.

Exilio en Bagdad

Unha vista moderna da residencia durante un ano de Bahá’u’lláh en Adrianópolis.
Unha vista moderna da residencia durante
un ano de Bahá’u’lláh en Adrianópolis.

Despois de catro meses de intenso sofremento, Bahá’u’lláh foi liberado e desterrado pra sempre de Irán, Súa terra natal. Él e a Súa familia foron enviados primeiro a Bagdad (agora capital do actual Iraq). Aló os restantes seareiros do Báb recurrían cada vez máis a Bahá’u’lláh pra obter guía moral e espiritoal. A nobreza do Seu carácter, a sabedoría do Seu consello, a bondade que derramaba sobre todos e as medrantes probas da grandeza sobrehumana en Él, reviviron a unha comunidade asoballada.

O xurdir de Bahá’u’lláh como o seu lider espertou cada vez máis os ciumes do seu degoreiro medio irmán menor, mirzá Yahyá. Así foi como, pra deixar ser motivo de tensión, Bahá’u’lláh saiu pra os montes de Kurdistán, onde estivo perante dous anos, contemplando o Seu propósito divino. Seu retiro lembraba a retirada de Moisés ó Monte Sinaí, os días de Cristo no deserto e o retiro de Muhammad ás colinas de Arabia.

Pero aínda nesta rexión remota difundiuse a sona de Bahá’u’lláh. A xente escoitou que un home de grande sabedoría atopábase alí. Cando estas novas chegaron a Bagdad os bábíes adiviñaron a identidade de Bahá’u’lláh e enviaron a unha persoa a suplicarlle que voltara.

Residente unha vez máis en Bagdad, Bahá’u’lláh enfoutezeu ós seareiros do Báb, medrou a talla como comunidade e a Súa reputación difundiuse aínda máis. Nese tempo compuxo tres das Súas obras de máis sona -as Palabras Ocultas, os Sete Vales e o Libro da Certeza (Kitáb-i-Iqán)- e aínda que os escritos de Bahá’u’lláh aludían á Súa estación, os tempos no eran chegados de facer un anuncio público.

Conforme se extendía a sona de Bahá’u’lláh, a envexa e a malicia dalgúns membros do clero medraba. Ergueron a súas protestas ó Shah de Irán pra que lle pedira ó Sultán otomano trasladar a Bahá’u’lláh máis lonxe da fronteira de Irán. Decretouse, xa que logo, o segundo exilio.

A finais de abril de 1863, pouco antes de sair de Bagdad pra Constantinopla (hoxe coñecida como Estambul), Bahá’u’lláh e ós Seus compañeiros pasaron doce días nun xardín que Él chamou Ridván, que significa “Paraíso”. Aló, nas beiras do río Tigris, Bahá’u’lláh declarou ser o que anunciara o Báb -o Mensaxeiro de Deus pra idade da madureza colectiva da humanidade- pronosticado en tódolos escritos sagrados do mundo.

Outros desterros

Tres mese despois de sair de Bagdad, Bahá’u’lláh e os demáis exiliados chegaron a Constantinopla. Estiveron alí só catro meses antes que outro exilio os levara a Adrianópolis (Edirne), unha viaxe esgotadora emprendida no máis frío dos invernos. En Adrianópolis, o sitio onde foron aloxados, dexóunos duramente expostos a temperaturas glaciais.

Bahá’u’lláh refiríuse a Adrianópolis como “a remota prisión”. Nembargante, a pesar das condicións inhóspitas baixo a que foron obrigados a vivir os exiliados, da pluma de Bahá’u’’láh seguiron fluíndo os Seus versos inspiradores, e os Seus ensinos chegaron tan lonxe como a Exipto e a India.

Unha vez, durante ese período, Mirzá Yahyá, o medio irmao, cheo de ciumes, tratou de envelenalo. Iste episodio tráxico deixou a Bahá’u’lláh con un temblor que se viu reflectido na Súa letra deica ó final da Súa vida.

Unha copia iluminada do Kitáb-i-Aqdas, encomendada por ‘Abdu’l-Bahá en 1902.
Unha copia iluminada do Kitáb-i-Aqdas.

A partir de setembro de 1867, Bahá’u’lláh escribiu unha serie de cartas ós líderes do mundo da Súa época. Nestes escritos proféticos proclamou abertamente a Súa estación e falou dos albores dunha nova época. Outramente, xa inantes, advirtiu que ían ocorrer unha serie de trastornos catastróficos no orde político e social do planeta. Chamou ós líderes do mundo a defender a xustiza e a honra-los dereitos dos seus subditos. Pediu que convocaran unha asemblea na que se xuntaran e puxeran fin á guerra. Só mediantte a acción colectiva, dixo, poderíase establecer a paz duradeira. Pero a Súa advertenza caeu en oídos xordos.

A axitación permante dos opositores de Bahá’u’lláh fixo que o goberno otomano O desterrara por derradeira vez á súa colonia penal máis arrepiante. Chegou a cidade prisión do Mediterráneo de ‘Akká o 31 de agosto de 1868, onde ía pasa-lo resto dos seus días na cidade fortificada e nos seus alrededores.

Despois de seren confinados a unha prisión perante máis de dous anos, Bahá’u’lláh e os Seus compañeiros foron trasladados a unha casa moi estreita dentro das murallas da cidade. Paseniño, a carácter moral dos bahá’ís -en particular do fillo maior de Bahá’u’lláh, ‘Abdu´l-Bahá- ablandou os corazós dos seus carcereiros, e penetrou no fanatismo e indiferencia dos habitantes de ‘Akká. Así como pasou en Bagdad e Adrianópolis, a nobreza do carácter de Bahá’u’ll’ah foi gañando a admiración da comunidade en xeral, incluíndo algúns dos seus líderes.

En ‘Akká, Bahá’u’lláh revelou a Súa obra máis importante, o Kitán-i-Aqdas (o Libro Máis Sagrado), onde delineou as leis e principios esenciais da Súa Fe, e puxo os cimentos dun orde administrativo mundial.

Anos finais

A Mansión de Mazra’ih. Unha das casas onde viviu Bahá’u’lláh tra-la Súa liberación da cidade prisión de ‘Akká.
A Mansión de Mazra’ih. Unha das casas onde viviu
Bahá’u’lláh tra-la Súa liberación da cidade prisión de ‘Akká.

A finais da década de 1870, concedéuselle a Bahá’u’lláh, sendo aínda prisioneiro, un pouco de liberdade pra mudarse fóra das murallas da cidade, o que permitiu que os Seus seguidores se reunisen con Él relativamente en paz. En abril de 1890, o Profesor Edward Granville Browne da Universidade de Cambrige reuniuse con Bahá’u’lláh na mansión perto de ‘Akká, onde establecera a Súa residencia.

Browne escribiu encol da súa reunión: “O rostro de Aquel a Quen contemplei xamáis o esquecerei e, outramente, non podo describilo. Eses ollos penetrantes paraceían ler na miña alma, na Súa ampla frente había poder e autoridade...¡Non necesitaba preguntar en presencia de Quen me atopaba ó abaixarme ante Aquel Que é obxeto dunha devoción e un amor que os reises envexan e polos que os emperadores sospiran en van.!”

Bahá’u’lláh faleceu o 29 de maio de 1892. Na Súa Vontade e Testamento nomeou a ‘Abdu’l-Bahá como o Seu sucesor e Cabeza da Fe bahá’í -a primeira vez na historia que o Fundador dunha relixión mundial nomea ó seu sucesor nun texto escrito e irrefutrable. O nomeamento dun sucesor é unha disposición fundamental do que se coñece como a “Alianza de Bahá’u’lláh” que permite que a comunidade bahá’í permaneza unida pra sempre.

Bahá’ís de España

O Bicentenario de Bahá’u’lláh (1817 – 2017)


En outubro de 2017 o mundo enteiro conmemora o 200 aniversario desde que esta Luminaria se erguera sobre o horizonte do mundo. Centos de miles de localidades e comunidades nas que residen seareiros de Bahá’u’lláh, escintilarán en conmemoración da Súa Aparición.

BAHÁ’ÍS NA TÚA LOCALIDADE Expresións artísticas sobre Bahá'u'lláh

Coñece ós bahá’is de España


Quen vimos sendo »

A comunidade bahá’í de España conta con membros de procedencias culturais e étnicas diversas, tanto de dentro como de fóra das súas fronteiras, diversidade que se ve reflectida na súa riqueza artística e lingüística.

Que facemos »

Os bahá’ís, xunto con outros individuos e organizacións, esfórzanse por contribuír no avance da sociedade inspirados pola visión de Bahá’u’lláh dun mundo próspero, xusto e unificado.