Comunidade mundial e en España


Fai 200 anos Bahá’u’lláh emerxeu nun contexto de expectativa mesiánica no que diferentes movementos relixiosos de tódalas partes do mundo agardaban a chegada do Prometido.

En occidente, os máis coñecidos foron os milleritas dos Estados Unidos, que agardaban a que viñera Xesús nas montañas, e os Cabaleiros do Temple alemán que se trasladaron ata Haifa (Palestina) para agardaren o Señor das Huestes prometido na Biblia. Tamén mergullaron movementos mesiánicos dentro do islam chiíta, sendo o de máis sona o shaijismo de Persia, que preparou a un grande número de seareiros para a aparición do Mahdi prometido. Daquela, cando Siyyid Alí Muhammad, o Báb –a Porta-, o precursor da Fe bahá’í, declarou en 1884 ser o novo mensaxeiro de Deus que anunciaban as escolas mesiánicas, moitos antigos shaijis axiña o aceptaron. Comezaba una nova dispensación relixiosa.

A comunidade mundial bahá’í

La comunidad mundial bahá'í está presente en todo el mundo.
A comunidade mundial bahá’í está presente en todo o mundo

A vida e os escritos de Bahá’u’lláh engaiolaron e exerceron tal atracción entre os seus coetáneos que miles deles deron a súa vida por Él, e foron quen de espalla-la Súa Causa por tódolos continentes. Hoxe, cando se cumpren 200 anos do Seu nacemento, a Fe de Bahá’u’lláh está presente en todo o mundo e abrangue a 2.100 grupos étnicos, raciais e tribais que compoñen a comunidade mundial máis diversa do planeta. Os Seus escritos e a Súa misión son cada vez máis coñecidos en todo o mundo. Millóns de persoas están a aprender de aplicar os Seus ensinos nas súas vidas e nas súas comunidades, para acadar unha mellora do mundo.

Os bahá’ís en España

España conta con máis de 5.000 bahá’ís en 130 localidades.
España conta con máis de 5.000 bahá’ís en 130 localidades.

En España a comunidade bahá’í, establecida dende 1947, conta con máis de 5.000 bahá’ís repartidos nunhas 130 localidades. Xunto cos seus amigos e outras organización afíns, están tentando crear e fornecer comunidades que leven a semente dun novo tipo de sociedade baseada na cooperación e na reciprocidade. Nestes procesos adquiren un papel moi destacado a educación e o empoderamento espiritual, moral e intelectual de nenos, adolescentes, mozos e adultos que desexen contribuír a mellora-la sociedade. Tamén fan agromar espazos nos que se xuntan para orar e consultar.





Explora acerca de Bahá’u’lláh

Bahá’ís de España

O Bicentenario de Bahá’u’lláh (1817 – 2017)


En outubro de 2017 o mundo enteiro conmemora o 200 aniversario desde que esta Luminaria se erguera sobre o horizonte do mundo. Centos de miles de localidades e comunidades nas que residen seareiros de Bahá’u’lláh, escintilarán en conmemoración da Súa Aparición.

BAHÁ’ÍS NA TÚA LOCALIDADE Expresións artísticas sobre Bahá'u'lláh

Coñece ós bahá’is de España


Quen vimos sendo »

A comunidade bahá’í de España conta con membros de procedencias culturais e étnicas diversas, tanto de dentro como de fóra das súas fronteiras, diversidade que se ve reflectida na súa riqueza artística e lingüística.

Que facemos »

Os bahá’ís, xunto con outros individuos e organizacións, esfórzanse por contribuír no avance da sociedade inspirados pola visión de Bahá’u’lláh dun mundo próspero, xusto e unificado.