Obra e influenza no mundo


A madureza da raza humana

A forza motriz do proceso civilizador que levará á humanidade cara a unidade orgánica e espiritual do corpo enteiro de nacións procede, según ensina Bahá’u’lláh, das sucesivas intervencións de Deus na historia a través dos Mensaxeiros divinos de cada época. Gracias a esta influenza, as facultades morais e espirituais do home foron quen de medrar a cotío.

Santuario onde se sepultan os restos do Báb.

A Revelación de Bahá’u’lláh sinala a chegada da raza humana á súa madureza e está cimentada en principios como a unicidade da humanidade, a igualdade do home e da muller, a integración racial, a xustiza económica, a educación universal, a harmonía entre a ciencia e a relixión, a adopción dun idioma universal auxiliar ou a creación dunha mancomunidade mundial de nacións que manteña a paz mediante o principio de seguridade colectiva, entre outros.

A Súa chamada ós líderes do mundo

Perante seu exilio en Adrianópolis dende 1863 ata 1868, e despois en Akká, Bahá’u’lláh escribiu unha serie de cartas ós líderes da época (Napoleón III, a raíña Victoria de Inglaterra, o zar Alejandro II, o Papa Pío IX...)instándoos a defender a xustiza, a honrar os dereitos dos seus súbditos e a convocar unha asemblea para poñer fin á guerra e establecer unha paz que durara. Aínda así, agás algún, a Súa advertencia caeu en oídos xordos e non puido deter as dúas guerras mundiais e outros conflitos sucedidos na primeira metade do século XX.

«Eu son o Sol da sabedoría e o Océano do coñecemento. Eu animo ós desfalecidos e resucito ós mortos. Eu son a Luz de Guía que alumea o camiño».
Bahá'u'lláh
Bahá’ís de España

O Bicentenario de Bahá’u’lláh (1817 – 2017)


En outubro de 2017 o mundo enteiro conmemora o 200 aniversario desde que esta Luminaria se erguera sobre o horizonte do mundo. Centos de miles de localidades e comunidades nas que residen seareiros de Bahá’u’lláh, escintilarán en conmemoración da Súa Aparición.

BAHÁ’ÍS NA TÚA LOCALIDADE Expresións artísticas sobre Bahá'u'lláh

Coñece ós bahá’is de España


Quen vimos sendo »

A comunidade bahá’í de España conta con membros de procedencias culturais e étnicas diversas, tanto de dentro como de fóra das súas fronteiras, diversidade que se ve reflectida na súa riqueza artística e lingüística.

Que facemos »

Os bahá’ís, xunto con outros individuos e organizacións, esfórzanse por contribuír no avance da sociedade inspirados pola visión de Bahá’u’lláh dun mundo próspero, xusto e unificado.